A pegada ecolóxica

A pegada ecolóxica é unha medida indicadora da demanda humana que se fai dos ecosistemas do planeta, en relación coa capacidade ecolóxica da Terra de rexenerar os seus propios recursos. Representa «a área de aire ou auga ecológicamente produtivos (cultivos, pastos, bosques ou ecosistemas acuáticos) necesarios para xerar os recursos necesarios e ademais para asimilar os residuos producidos por cada poboación, determinada de acordo ao seu modo de vida en específico, de forma indefinida».

O obxectivo fundamental de calcular as pegadas ecolóxicas consiste en evaluar o impacto sobre o planeta dun determinado modo ou forma de vida e, comparalo coa biocapacidad do planeta. Consecuentemente é un indicador clave para a sostibilidade.

A vantaxe de medir a pegada ecolóxica para entender a apropiación humana está en aproveitar a habilidade para facer comparacións. É posible comparar, por exemplo, as emisións producidas ao transportar un ben en particular coa enerxía requirida para o produto sobre a mesma escala (hectáreas).

Para reducir a pegada ecolóxica da Terra é necesario que tanto gobernos como consumidores tomen unha serie de decisións.

Concienciarse e seguir as principais accións de respecto medioambiental pode contribuír a evitar as fatais consecuencias que supón seguir incrementando a pegada ecolóxica: reducir, reutilizar e reciclar; aforrar no consumo; xerar o menor número posible de residuos, etc.

Referido a este tema, che propoñemos que observes o seguinte mapa, no que se compara a pegada ecolóxica dos diferentes países do mundo. Qué podes concluir sobre a posición de España? Por que cres que nos atopamos nesa posición? Que medidas urxentes habería que tomar para reducir o valor da pegada?

Na seguinte gráfica, se amosa o aporte á pegada ecolóxica, de cada sector de demanda. Cales son as túas conclusións? Que iniciativas deberían tomarse para diminuir a pegada de determinados sectores?

E agora… chegou a hora da verdade! É o momento da gran pregunta…

Para averigualo, ides entrar na páxina da Fundación Vida Sostenible.

Alí atoparás 4 enquisas, sobre como os cidadáns emplean a enerxía, consumen a auga, utilizan o transporte e fan o tratamento dos residuos.

Le detidamente cada enquisa e responde as preguntas. Ao final, o programa valorará cal é a pegada que deixas na Terra a través das túas accións cotiás. Anota os teus resultados e comparao cos dos teus compañeiros. Que podes concluir?

Escribe na túa libreta un resumo dos resultados obtidos e as accións que estas disposto a desenvolver en adiante para diminuir a túa pegada ecolóxica.

Conta os teus resultados en casa e convence á túa familia que é preciso ter unha vida máis sostible!! O planeta cho agradecerá.

 

Publicado en Actividades de aula on line, Gestión sostible do planeta | Etiquetado , , , , | Deixa un comentario