As Illas Cíes

As illas Cíes, pertencentes ao municipio de Vigo, forman un arquipélago situado na boca de ríaa do mesmo nome, constituído por tres illas: Norte ou Monteagudo, Do Medio ou do Farol e Sur ou San Martiño. As dúas primeiras atópanse unidas artificialmente por unha escollera. Están orientadas segundo un sistema de fracturas paralelo á costa en dirección N-S. Distan aproximadamente 14,5 km da cidade de Vigo. Foron declaradas parque natural en 1980, e están incluídas no Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia creado en 2002.

Para atopar información detallada do parque, pulsa aquí: Red de Parques Nacionais

O parque ten unha parte terrestre e outra marítima que comprende unha franxa de 100 metros, medidos a partir da baixamar. As súas augas teñen unha formidable riqueza submarina, e nelas está prohibida a pesca dende 1992.

Mapa da costa suroeste de Galiza, amosando a ubicación das Illas Cíes na Ría de Vigo.

Mapa das Illas Cíes

Dende 1988 as illas teñen ademais a consideración de ZEPA (Zona de Especial Protección para as aves). Tamén se atopan incluídas, no ámbito europeo, na Rede Natura 2000, que desenvolve directivas comunitarias de hábitats e aves. 

É evidente que o valor ecolóxico do medio mariño é alto, xa que entre as súas augas consérvanse algúns dos exemplos máis representativos de ecosistemas mariños atlánticos, os cales atesouran unha gran riqueza biolóxica.

O medio mariño do parque é un mosaico de hábitats distintos que sustentan unha extraordinaria diversidad de especies de flora e fauna. Hai importantes comunidades como os bosques de algas pardas e poden atoparse tambén hábitats definidos como de interese comunitario dentro da Directiva Habitats da Unión Europea, como os arrecifes, lagoas, ou os bancos de area cubertos permanentemente por auga mariña pouco profundos.

Gaivota patiamarela - Larus michahellis

Cormorán moñudo - Phalacrocorax aristotelis

Corema album

O estado de conservación destes ecosistemas mariños é en xeral bo, aínda que son susceptibles de verse danados por certas actividades humanas, como no caso da contaminación por hidrocarburos procedentes do tráfico marítimo ou por outros contaminantes vertidos á ría. Por outro lado, a sobreexplotación dos recursos pesqueirospode afectar o medio mariño protexido. No ano 2002, as Illas sufriron unha importante contaminación de fuel debido ao afundemento do petroleiro Pestrige. Na actualidade, os seus areais aínda están recuperándose, e continúan facéndose investigacións nos fondos mariños para evaluar os danos a longo prazo.

Grupo de vontarios limpan de "chapapote" as rochas costeiras das Illas Cíes

En canto ao medio terrestre, fuertemente influenciado tamén pola proximidade do océano, destacan os sistemas dunares, os acantilados e os matorrales de toxo e brezo. Tamén na parte emergida das illas atopamos hábitats considerados como de interese comunitario ou prioritarios polas directivas europeas, como as dunas grises, os matorrales litorales aerohalinos ou os brezales húmidos atlánticos meridionales.

A influencia humana na zona terrestre tambén é importante, xa que as Cíes son un dos destinos turísticos principais en Galicia, e durante o verán miles de turistas visitan o Parque. Neste caso xoga un papel fundamental a educación ambiental e a conciencia e responsabilidade ecolóxica dos visitantes.

En este video se puede apreciar toda a beleza das illas nun día soleado de verán.


Esta entrada foi publicada en valores ambientais, Vídeos e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.